Os de Silvaoscura (8)
A miña avoa Avelina e algúns dos seus irmáns gozaron do discutible privilexio da lonxevidade. Como todos os que chegan a moi vellos, foron adaptando os seus razoamentos ata os límites do surrealismo. Sucedeu así, por exemplo, cando morreu a tía Delfina, talvez a primeira muller de Penosiños que recoñeceu publicamente a súa condición de fumadora.
Se non me engano, morreu polo tempo do Nadal. Creo que fora o Antonio Chanqueiro o que viñera no seu tractor a avisarnos da nova, pouco despois de deitarnos, en plena Noiteboa.
Daquela aínda non existían os tanatorios, polo que se velaban os mortos na casa. A tía Delfina repousaba, pois, na súa propia habitación. Cando o meu pai entrou para rezarlle, sorprendeu unha escena insólita. Os irmáns da defunta -o tío Xosé, o tío Eloi e a avoa Avelina, os tres octoxenarios- trataban de erguer a caixa. Parecíalles que as asas eran demasiado lixeiras para tanto peso, polo que decidiran comprobar persoalmente a firmeza do cadaleito. A intervención do meu pai impediu que os tres anciáns continuasen coa sesión de levantamento de caixas. Mágoa; sería un momento marabilloso.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home