Os de Silvaoscura (6)
O Aurelio merecería ser un personaxe de novela. Pero non o é. Cada vez que o sinto pasar, cantando algunha melodía da súa invención, penso con admiración que a realidade é unha característica que non lle acae ben.
Cando eu era pequeno, Aurelio falaba moito de Bruce Lee, a quen el chamaba así, brucelee, e non ese ridículo brus li que din na televisión. Unha tarde, convocou a todo o lugar nun campo próximo á miña casa. Alá fomos, coa irónica distancia dos que descoñecen a alma do artista. Durante a media hora seguinte, Aurelio e a súa primeira muller, Celia I, fixeron chaves de judo, deron chimpos espectaculares, ceibaron berros de elegante sabor oriental e saudaron ao público con extraordinaria educación. Os veciños de Silvaoscura, que xa daquela eran case todos vellos e filósofos, aplaudiron mesuradamente, menos sorprendidos do que cabería agardar, e mesmo se negaron a que o Aurelio executase unha chave especialmente complicada, coa que pretendía frear un suposto ataque da Celia, armada esta cun coitelo de matar porcos. Eu, que debía ser o único neno do auditorio, sentinme inmensamente feliz. Supoño que foi nunha desas cando empecei a perder o sentido da realidade.

1 Comments:
Mui bo este blogo. A xente de Silvaoscura merece entrar na literatura pola forma como a describes. Para min que ti es un escritor achantado no nome de Veloso. E quen seras?.
Un saudo dende os EEUU dun que fala de si mesmo edas suas circunstancias que tamen e case o unico que conhezo ao cen por cen.
Publicar un comentario
<< Home