O reparto
Segundo leo na prensa de hoxe, o PSOE encargarase da Política Lingüística no novo goberno. Non me gusta a idea. Dos tres partidos maioritarios de Galicia, o único que amosa de cando en vez unha inexplicable belixerancia cara ao idioma propio do país é, precisamente, o do señor Touriño. O BNG, por cuestións ideolóxicas, e o PP, pola súa forte implantación no medio rural, sempre tiveron unha actitude favorable ao galego, malia os desastres pronominais de Castrillo ou a incomprensible desidia de Rajoy. Porén, debo dicir que non me fío da boa vontade lingüística dun partido no que están ben considerados individuos sospeitosos como Pérez Mariño ou Paco Vázquez. Oxalá me equivoque e teña que pedir desculpas.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home