Divino tesouro
Falo cun rapazolo de vinte anos, metro noventa, barba escasa, mans grandes e ideas confusas. Ten moitas dúbidas sobre o seu futuro académico. Gústanlle os ordenadores, o balonmán, as cervexas e a noite. En poucos minutos pasa dun porvir informático a unha licenciatura en Educación Física, sen observar posibles contradicións. A miña teoría de raposo semivello é que acabará cursando os estudos que lle permitan unha maior proximidade ao seu amor platónico, unha rapaza que o castiga cunha elegantísima indiferencia.
Cáeme ben este rapazolo. Non ten grandes ideas nin posúe unha conversa abraiante. Porén, agroma nel unha especie de forza primitiva, aquilo que nos comunica coa humanidade en estado puro. Na miña adolescencia tívenlle lei a Rabindranath Tagore. Despois, cos anos e os descensos, desterreino do meu campo de favoritos. Pero a presenza deste rapaz faime lembrar unha frase do sabio hindú que quizabes veña a conto: "Os homes son malos, pero o home é bo". Aínda que teña as ideas confusas.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home