Confesión
Segundo entro no blo, invádeme a pantalla un anuncio non convidado. O seu reclamo non pode ser máis impactante: "Cambie su vida amorosa para siempre". Outra vez será. Hoxe non me apetece facer grandes cambios na miña vida. Debe de ser porque dende onte pola tarde vivo enchoupado na melancolía. De acordo, é por unha causa frívola e intrascendente, pero de cando en vez tamén debemos admitir que non sempre podemos ser solemnes nin serenos nin solidarios. Onte rematou a serie Friends, ese prodixio. Durante os últimos anos, gocei co seu surrealismo, co seu sentido do absurdo, coa súa defensa de que case todo é relativo menos a amizade. Estrañareinos.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home