O Inimigo
O outro día coñecín ao meu Inimigo. Aparecéuseme en soños, como lles adoitaba suceder aos personaxes da Biblia. En principio, non me caeu mal; case diría que me resultou simpático. Falaba con palabras concretas e educadas, sen disimular os seus propósitos malvados, pero cun ton sosegado que me pareceu gratificante.
Ata esa noite, eu non sabía que tiña un Inimigo. A miña primeira reacción, confésoo, foi de relativo pánico. A ninguén lle gusta sentirse ameazado. Despois, a madrugada levoume a un novo debate. Se hai un ser disposto a destruírme, cómpre considerar a posibilidade de que a destrución sexa merecida.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home