Incomunicado
O problema vén o día en que o blo non funciona, ou que tarda, ou que as conexións á rede andan atordoadas por culpa dalgún trasno descoñecido. En canto se soluciona e non o asunto, un ten a sensación de atoparse espido no medio dun banquete ou algo así. Confesémolo xa: as novas tecnoloxías crean dependencia. Este blogueiro, sen ir máis lonxe, desenvolveu nos últimos anos unha extraordinaria habilidade nos seus pulgares, só a forza de enviar mensaxes ao móbil. Polo demais, non hai día merecente de tal nome se non se enceta cunha boa sesión de correos electrónicos. E non digamos nada deste pracer narcisista chamado blo. Comprenden agora o moito que me amola entrar no becho e que este non funcione? Pero aínda hai algo peor, cando un dá entrado e descobre que non ten nada que engadir aos miles de anos de humanidade xa transcorridos. Por ver de solucionar(me), estou seguindo unha terapia: procuro non ler artigos de opinión nin ver programas de debate nin escoitar aos grandes comunicadores. Penso que uns días de desactivación informativa farán de min unha persoa máis reflexiva, case un filósofo. Se cadra, o luns xa teño algo de qué falar.
En todo caso, mañá vou a unha voda a Salamanca, así que sempre poderei comentar as anécdotas.
En todo caso, mañá vou a unha voda a Salamanca, así que sempre poderei comentar as anécdotas.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home