A memoria
Onte deume por lembrar acontecementos do ano 95. Daquela, vivía eu na história Rúa Carretas, en Santiago de Compostela, nun piso vello e algo estrambótico, propiedade dun militar xordo e bondadoso ao que alcumabamos o Capitán Pereira. Recordo que o Capitán insistía moito no conveniente que era para os estudantes vivir na zona antiga compostelana, lonxe do balbordo que el asociaba á Praza Roxa e arredores. "Esas rúas -sostiña Pereira- están cheas de cabarés".
Tamén lembro, do mesmo 95, os merengues bailados na Conga, as prosas escritas e nunca corrixidas, os altibaixos do traballo... e o gol de Nayim, aquela estraña marabilla que chegou da estratosfera.
Onte, vendo o telexornal, oín que falaban do décimo aniversario do masacre de Sbreniça.
Esquecérao por completo.
Así somos de viles, miserables e covardes.
Fago ben en empregar a primeira persoa, pero non sei por qué falo en plural.

1 Comments:
Qué boas festas aquelas dos pisos de Carretas!
Publicar un comentario
<< Home