Os de Silvaoscura (3)
O Toniño Xoque tiña sona de preguizán. Inxusta e merecida, velaí un asunto sobre o que non paga a pena porfiar. O caso é que Toniño pasou a meirande parte da súa vida en Venezuela. Alí, segundo contan os veciños que o trataban, consagrou a súa vida a dúas misións ben fermosas e meritorias: alimentar as pombas dos parques públicos e visitar aos enfermos de procedencia galega.
Cando xa andaba polos corenta e tantos anos, volveu a Silvaoscura. Por suposto, non se achegou á aixada, pero deixou abraiados a todos pola súa espectacular memoria. Non dubidaba á hora de citar aniversarios, xa fosen de nacemento, voda ou enterro. O seu almacén de datas abranguía a toda a parroquia de Penosiños.
Despois de dous ou tres anos de visitas de cortesía aos familiares, Toniño Xoque fartouse de que non lle fixesen moito caso e marchou de novo á súa Caracas da alma. Seica non podía aturar máis a falta de amor que atopara naquel país que xa non era o seu.
Hai tempo que non sei nada del. Pode que, mentres eu escribo, el estea no Parque de los Próceres, botándolle pan ás pombas.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home