Os de Silvaoscura (2)
Unha tarde de sábado, estando eu no meu cotián debate cos biosbardos, presentouse na casa a Olimpia. É unha muller vella de corpo e fera de ollos, presunta xorda de comenencia e farturenta en consellos. Segundo se conta, tivo moitos amores, ou polo menos moitos homes, cousa que non debía de estar moi ben vista na súa mocidade. Pero ese non é caso, que cada un é libre de facer o que lle pete.
Aquela tarde, Olimpia propúxome un negocio insólito. Ela comprometíase a contarme polo miúdo a súa vida; a cambio, eu debía escribirlle unha biografía completa, talvez para modelo das xeracións vindeiras. Despois de reflexionar un intre e consultar cos meus biosbardiños, decidín rexeitar a proposta. Hai realidades tan grandiosas que non caben en ningunha fición.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home