Os de Silvaoscura (5)
Morreu o Xulio de Calvos. Aínda o vira na misa de San Salvador, grande e de bo humor, como era el. Segundo contan os que o viron, viña cun carretillo de fabas. Pasou por diante da súa casa sen reparar nela. Un veciño, ao velo, fíxolle ver o seu erro. O Xulio non contestou. Limitouse a dar a volta e rectificar o camiño. Cando chegou a porta, pousou o carretillo e caeu morto. Posto que ten que chegar o final, a min paréceme poético que a cousa veña así, sutil e responsable, cos deberes feitos e as fabas no seu sitio.
Por certo, aviso aos amantes da estatística: o Xulio de Calvos é o terceiro que morre en poucos anos empurrando un carretillo. Antes del, finaron en similares condicións o Xaime do Tellado e o Elías do Reguengo. Estou seguro de que Deus saberá premialos.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home