martes, mayo 16, 2006

Os de Silvaoscura (63)

Comezamos a nosa particular carreira espacial a mediados dos setenta, tan só uns cinco anos despois do famoso paseo de Armstrong e Aldrin. Humildes como somos, non precisamos cámaras nin balbordo televisivo para festexar o éxito. Abondou con que casase o Pepe da Áurea, un benquerido veciño que, malia a súa mocidade, xa traballara en Suíza e nos Estados Unidos.
Aos poucos días da voda, nunha desas noitiñas mornas en que sentabamos na azotea, preguntei polo Pepe. O meu avó, sen dubidalo, deume unha resposta marabillosa:
-O Pepe foi á lúa.
Eu erguín a vista cara a aquel astro branco e redondo que nos alumeaba. Despois duns segundos de observación, ceibei unha exclamación de triunfo:
-Xa o vexo, avó, alá está.

9 Comments:

Blogger acedre said...

Pois meus avos foron a Los Angeles de lua de mel. Si. Meu pai pensaba en Los Angeles dos EEUU pero eran Los Angeles, unha aldea a medio caminho entre Noia e Santiago de onde eran meus avos respectivamente.
Por certo, o Pepe xa baixaria da lua, non ?.

1:43 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

O teu avó fantástico xenial!!!.

Unha aperta grande.
:)

9:18 p. m.  
Blogger besbe said...

"Humildes como somos, non precisamos cámaras nin balbordo televisivo para festexar o éxito." Supoño que o venres todos pensamos que ti tamén tiñas a túa parceliña na lúa. E noraboa polas túas letras (galegas).

7:05 a. m.  
Blogger Nemeth said...

hai un galego na lúa? Menudo era o teu avó!

apertas

12:21 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

O retrato que feixes destas persoas, familiares ou non, de Os de Silvaoscura, ten o valor engadido da tenrura con que os impregnas.
Unha aperta

8:51 p. m.  
Blogger torredebabel said...

hai que ter ollos máxicos coma os que tes ti para ver tantas cousas! Apertas Veloso!

8:33 p. m.  
Blogger torredebabel said...

Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

8:35 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Your are Excellent. And so is your site! Keep up the good work. Bookmarked.
»

7:48 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Nice! Where you get this guestbook? I want the same script.. Awesome content. thankyou.
»

7:59 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home