Os de Silvaoscura (12)
Entretido como estaba Aurelio na súa constante homenaxe a Bruce Lee, descoidou os asuntos propios do agro e do matrimonio. Para a primeira cuestión contratou un tractorista da súa confianza. Para a segunda, non contratou a ninguén. Non se conserva información sobre os resultados da colleita daquel ano, pero foi de público coñecemento que a muller do Aurelio, Celia I, marchou co tractorista, nunha fuga comentada pola parroquia enteira durante anos.
Ao verse en transo de abandono, Aurelio, que sempre foi home de actitudes filosóficas e intelixentes, convocou aos veciños e púxoos por testemuña de que a súa esposa, alí presente con ira e maletas, o deixaba por decisión propia, sen que el a botase nin ninguén a obrigase á fuxida. Os veciños asentiron con grave xesto, como corresponde ao caso, e meses despois tiveron que dar conta do feito perante o xuíz que tratou o asunto. Moitos deles, talvez todos, sentíronse felices ao entrar por primeira vez nas súas longas vidas nun xulgado de verdade.
Algúns anos máis tarde, esquecida xa a afección polo xudo, Aurelio principiou a tocar o acordeón. Foi por aquel tempo cando trouxo a Silvaoscura a súa nova muller, Celia II.

3 Comments:
E sera verdade o que contas?. En Sivaescura hai material para un libro ou unha telenovela.
Encantame.
Téñoo pensado moitas veces, Acedre. Asegúroche que todo o que contei ata agora é absolutamente certo. Algunhas cousas vinas e outras contáronmas os meus pais e os meus avós. O Aurelio, en concreto, é todo un personaxe de novela.
Pois animo e se publicas xa tes un lector.
Saudos.
Publicar un comentario
<< Home