miércoles, junio 03, 2009

Distancia

Como consecuencia dun problema de saúde do meu pai, estiven lonxe do traballo e dos ordenadores durante case tres semanas. Tiro varias conclusións do asunto:

-É posible sobrevivir sen ceibar parvadas na rede. Por raro que pareza, actualizar o blog e participar no facebook non sempre son prioridades na vida.

-No lugar máis imprevisto, é posible manter conversas moi agradables con persoas descoñecidas. Mesmo pode ser que estas conversas axuden a que un se desfaga de certos prexuízos e comece a valorar con maior respecto aos que pensan de xeito moi diferente.

-As actualidades política e deportiva perden realidade cando se reciben dende a habitación dun hospital.

-Tarde ou cedo, todas as rutinas volven. De feito, non sei como dou aguantado estes desexos que me soben polo peito de lanzar agora mesmo unha nova proclama sociolingüística. Se non o fago, é por non molestar aos milleiros de lectores que arestora dormen pacificamente a sesta, alleos ao suicidio dos pobos e á destrución deliberada do sistema cultural.

En fin, amigos, o único verdadeiramente importante é que o meu pai se recuperou moi ben. Para quen vaia o sábado a San Simón, esperemos que non chova e que poidamos parolar sobre as circunstancias do ser. Coidádevos, que a saúde é o primeiro.

4 Comments:

Blogger paideleo said...

A saúde é o primeiriño e o segundo é a saúde tamén.
Na última estadía no hospital estiven ata tentado de pechar o blogo de tan abrumado que me vía.
Agora o veleno no corpo parece que flúe lixeiro e non me estanca tanto.
Alédome pola milloría do teu pai.

11:55 p. m.  
Anonymous xuliodrabal said...

Mellor que endereitara o camiño. Alégrome, ánimo, moitos saúdos.

12:01 a. m.  
Blogger folerpa said...

Alégrome da mellora, parolamso en San Simón, meu.

10:30 a. m.  
Blogger A lareira de Santiso said...

Ola,
eu tamén algo ando desconectada da creación blogueira, pero alégrome moito de que as cousas da saúde vaian ben

12:54 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home