lunes, abril 20, 2009

Luns


Como é luns, aínda se mesturan en min as cantidades xustas de preguiza e sentido común, así que evitarei dúas importantes tentacións:

-Non vou comentar nada sobre o novo goberno da Xunta. Deámoslles uns días de cortesía.

-Tampouco me vou laiar de que hai hoxe xustamente quince anos estabamos en Madrid, dispostos a vivir unha emocionante final de Copa. Que tempos!

Aínda así e todo, hoxe teño motivos para botar por elas e provocar envexa nos posibles sabinistas que lean este blog. Aquí exhibo retrato, feito onte á noite, no que aparezo sorrindo ao futuro na compaña de dúas primeirísimas figuras da música española dos últimos anos: Antonio García de Diego e Jaime Asúa. Os fans sómosche así.

1 Comments:

Blogger A lareira de Santiso said...

E ti onde te fuches meter!
O que eu pagaría por unha copa ben tomada con esa xente... aínda que haxa quen me diga eso de que "ti aínda non naceras". E, por certo, agradécese coñecerte.
Apertas

6:10 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home