martes, enero 27, 2009

Bisavós

Segundo vexo na prensa, só un cinco por cento dos españois sabe o nome dos seus bisavós. No que a min respecta, láiome de non coñecer (creo que lle ocorre o mesmo ao resto da familia) a identidade dun bisavó misterioso que algúns ubican pola banda de Celanova. Fóra diso, aproveito este anaco de pantalla para homenaxear a Carmen, Marcial, Herminia, Lisardo, Estrella (lémbroa moi ben; era seria e pouco amiga de brincadeiras), Antonio e Juana. Benditos sexan, os sete e tamén o oitavo incognoscible. Falo na mesma lingua que eles falaron, un feito que non ten mérito ningún pero que, por algunha causa enigmática, non é tan normal como debería.

10 Comments:

Blogger paideleo said...

Eu só cheguei a coñecer un: Dositeo.
O Leo de momento ten vivos catro.

1:20 a. m.  
Blogger torredebabel said...

Eu coñecín de nena á bisavóa Manuela pero non gardo lembranza clara dela porque era un moi cativiña. Polo demáis, os nomes dos bisavós maternos coñézoos á perfección e tamén bastante da súa historia. No caso dos paternos é mais dificil porque había alí historias tristes que ninguén quería contar...
Apertísimas!

1:58 p. m.  
Blogger Quidam said...

Eu non sei o nome de ningún dos meus bisavós, de feito só sei o nome de un dos meus avós, do meu mesmo nome, o único que coñecín. Eu non falo a lingua coa meu avó falaba coa miña nai, a causa non é enigmática: dous pais, dous linguas, e o temor dunha nai por qué será o mellor para os seus fillos. No teu caso eran dous pais pero a mesma lingua, quizás se quedarades en Venezuela a túa lingua non sería a que é. Sei que non era a túa intención, pero parece que pensas que quizás os meus pais deberían ter buscado parella pola lingua, así seus fillos falarían a mesma lingua, e alcanzarían “a normalidade”.

3:18 p. m.  
Blogger Veloso said...

Paideleo, Torredebabel, un saúdo moi cordial.
A "normalidade", Quidam, consiste en que os fillos que viven na mesma terra dos seus pais falen a mesma lingua cós seus pais, cousa que non sucede nesta terra anormal e suicida na que vivimos.

8:12 a. m.  
Blogger Marinha de Allegue said...

Eu só conhecín unha bisavoa: Mamá Francisca, Papá Jesús morreu o ano que eu nacín. Eses eran da familia materna da paterna xa non conhecín a ningún, xa morreran cando eu nacín.

Un bo día e unha aperta.
:)

8:55 a. m.  
Blogger Quidam said...

O problema é definir a mesma terra, uns separan España e Galicia, outros inclúen Galicia en España, uns din Español outros Castelán (referíndose a Castela, non a lingua de España). Meus fillos naceron en Galicia (me resisto a dicir Galiza), eu non e a milla muller tampouco, anque os seus pais si. Vivimos en Vigo, por agora, ¿qué lingua debemos falar?
A terra non é anormal e suicida, son as persoas. Non se dan de conta de que definir una rexión con un mapa e asociarlle una lingua é una parvada. O importante e entenderse, eu teño claro que os meus fillos voulles falar castelán na casa, porque no seu colexio falanlles en galego. Cando me dixeron que a miña filla fallaba en Galego tentei falar o mais posible en Galego para que mellorase, e cando mellorou volvín o Castelán. Tamén tento meter o inglés cando podo, dentro de mis poucos coñecementos. O importante é que podan entenderse co maior número de persoas coas que se atopen.
O problema é cando empeza a falar a xente menosprezando o Galego e a outra banda odiando o castelán, uns porque non lle dan importancia a saber galego e din que non serve para nada, e os outros porque odian o castelán e fan todo o posible por distanciarse e para elo cambian a súa propia lingua, por exemplo Galiza e grazas. E uns e outros non queren que os seus fillos aprendan a outra lingua, cando o que deberían querer e que os seus fillos aprendesen o mais posible.
O importante debe ser que pais e fillos se comprendan, non que falen a mesma lingua, nin a terra onde viven. Porque cada quen establece límites para a súa terra, e en cada casa existe a súa propia lingua.
P.D. ¿Sabes quén son? O ainda non te deches de conta.

11:23 a. m.  
Blogger Veloso said...

Quidam, o teu razoamento está moi ben, pero eu referíame a algo moito máis simple, pero non me souben explicar: Dada unha parella de castelanfalantes, o normal é que eduquen aos seus fillos en castelán. Dada unha parella de galegofalantes, o normal e lóxico é que falen aos seus fillos en galego, é dicir, na súa propia lingua. Este último feito, tan natural e indiscutible, non se deu en zonas urbanas de Galicia nos últimos cincuenta anos. Isto o que eu considero anormal e abraiante.
Estou algo desconcertado, Quidam. Se es quen eu penso que es, felicítote polo ben que escribes en galego. Procedes das terras de Navarra, por un casual?

1:58 p. m.  
Blogger Quidam said...

Atinaches

3:35 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Gustoume o texto... E fixo que me preguntara un par de cousas...
Voltarei por aquí.
Saúdos!

5:18 p. m.  
Blogger Veloso said...

Graciñas, SoO, volve cando queiras.

12:40 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home