Novos tempos
Cando e por que xurdiu esa animadversión que moita xente sente cara á lingua galega? Nos meus anos de bacharelato (Vigo, anos oitenta), os rapaces falabamos maioritariamente en castelán, pero tiñamos, polo xeral, un sentimento agarimoso polo idioma galego. De aí que moitos (non só os que tiñamos a sorte de proceder de familias galegofalantes) optásemos, de xeito libre e natural, por empregar a cotío aquela lingua estraña á maioría dos nosos coetáneos. Polo que vexo, a situación mudou moito. A mocidade urbana de hoxe xa non ten ningún vencello co galego. Non é a lingua dos pais, xa non quedan avós nas aldeas de fin de semana, case ninguén manifesta a menor arela identitaria ou cultural. O problema, pois, non está nas políticas de normalización. Estas poden ser boas ou malas, tanto ten, a cuestión é que chegaron cando xa non quedaba moito que normalizar. De aí que, na miña opinión, sexa necesario actuar dun xeito especialmente sutil e respectuoso. Cómpre traballar a prol do galego, por suposto, pero sen o converter nunha cousa antipática e hostil. Recoñezámolo xa: a mensaxe dos grupos apocalípticos está a callar en moita xente. Non abonda con ollalos despectivamente e facer como se non existisen.
7 Comments:
¿Normalizar? Nos falamos na casa o galego (chamalle castrapo) que falaban nosos país, Pero non é o da televisión, non é o dos politicos, non é o dos filólogos. Dinnos que falamos mal a nosa lingua e que temos que aprendela para eso xa temos o castelán.
En fin, anónimo, ti verás. Non vou ser eu quen defenda o galego que falan os políticos ou os locutores de televisión, pero creo que a que dás é unha razón bastante pobre para renunciar á túa propia lingua. É un caso moi habitual: moitos buscan desculpas, un motivo para poder falar castelán sen sentimento de culpa. Alá vós.
Quen di que o falamos mal? Quen se atreve a dicirlle a un vello que fala mal galego? Desde logo ninguén que sepa máis ca el
Tiduo do Poema: Recopilacion de plaxios evidentes que ogalla poideran chegar a detectar como tais tanto alpabarda con quen convivo nesta patria autosuicida.
Si Castelao non morrera,
fillo do pobo quel era,
seguirianos cantando o mesmo galo
por non caber agardar
amencer algun da nosa espera.
convivindo nesta patria despreciada
polos corazons dos alpabardas,
defensores da sua eutanasia
e sentado ao caron dos resistentes,
seguría sentindo ser tan triste
ter que vivir no pais dos ananos
Fas unha pregunta retórica. As respostas non che gustan.Si os que solo falaron galego, toda a vida, pensan que o que escoitan non é súa lingua, xa me diras.
E eu non renuncio a miña lingua, nin a nada.
Ourense, 5 de novembro de 2008
Prezado/a amigo/a:
Unha comisión organizadora radicada en Ourense estamos a preparar unha serie de actos en HOMENAXE ao noso común amigo MARCOS VALCÁRCEL. A desculpa próxima é a publicación dun novo libro da súa autoría sobre a historia de Ourense –que se presentará o día 29 de novembro ás sete da tarde no Liceo– e outra a necesidade de buscar formas para expresar a gratitude e cariño que moita xente quere comunicar a Marcos, nestes momentos complicados para a súa saúde.
Non é este o lugar para glosar detidamente o gran contributo de Marcos Valcárcel á cultura galega. Chega tan só con lembrar algunhas das súas facetas: os seus traballos de investigación e divulgación sobre a historia de Galicia e en especial nos eidos cultural e xornalístico, a súa constante presenza na prensa galega dende hai trinta anos (hoxe en día en Galicia Hoxe, La Región, A Nosa Terra), o seu desinteresado labor de organizador e dinamizador cultural na cidade de Ourense, ou o seu blog As Uvas na Solaina . E todo sempre desde posicións galeguistas, progresistas e dialogantes.
En consecuencia, gustarianos contar coa túa presenza e colaboración no seguinte acto:
CEA HOMENAXE a MARCOS VALCÁRCEL .
Ourense, SÁBADO, 29 de NOVEMBRO de 2008 , ás 21:00 horas, Restaurante San Miguel.
RETIRADA DE TARXETAS:
As tarxetas para a asitencia á Cea poderanse retirar en Ourense, desde o venres día 7 de novembro, en tres lugares: No Liceo, na Casa da Xuventude e no Restaurante Sanmiguel. O custo da cea é de 30 euros.
Para aquelas persoas de fóra de Ourense que queiran asistir, habilitamos unha conta de Caixa Galicia (2091 0400 88 3040045410 ) na que poden facer o ingreso desa cantidade indicando o nome do participante. Posteriomente, o mesmo día da Cea pódese retirar a tarxeta no restaurante co resgardo da transferencia.
Dada a previsión dunha nutrida concurrencia, rógase efectuar estes trámites canto antes. En calquera caso, pecharanse as listas de asistencia o día 25 de novembro.
INVITACIÓN ABERTA:
A Cea Homenaxe está aberta a todas as persoas interesadas, polo que che pedimos fagas extensiva a invitación a quen consideres oportuno.
Unha cordial aperta e moitas grazas a todos.
César Ánsias / Xoán Fonseca / Benito Losada / José Carlos Martínez-Pedrayo
Eustaquio Puga / Xosé Ramón Quintana / Xosé Trebolle / Afonso Vázquez-Monxardín
Eu so partidario do reintegracionismo, o galego actual es um galego castellanizado.
um saludo
Publicar un comentario
<< Home