Chocar as mans
Onte, por unha rara brincadeira da memoria, viñéronme á lembranza dúas persoas ilustres ás que tiven o pracer de saudar hai xa unha chea de anos. Foron dous saúdos breves, tan só o xusto para chocar as mans e intercambiar catro ou cinco palabras. Aínda así, recórdoos como momentos emocionantes e intensos para min. Ocorre que agora, moitos anos despois, non sei nada daqueles dous homes magníficos aos que tanto admirei. Pregúntome que sería deles, con esa pequena gran anguria que nos dá sempre a ignorancia. Un era o mestre Giuseppe Tavani, sabio italiano, investigador da lírica medieval galego-portuguesa. E o outro Jimmy Hagan, un elegante defensa central irlandés que xogou no Celta a finais dos oitenta.
1 Comments:
E preguntácheslle ao señor Google ?. Muitas veces dá sorpresas.
Graciñas polos parabéns !.
Publicar un comentario
<< Home