Lois Antón
O sábado asistín a un dos catro actos de homenaxe que se lle renderon a Lois Antón, o poeta de Escudeiros. Ao remate do asunto, aínda emocionados por uns versos ben fermosos e sinxelos con que nos agasallou o protagonista do evento, quixemos cantar o himno galego, pero a miña achega persoal ao momento concluíu en fracaso. A metade do camiño sufrín unha imprevista imposibilidade de gorxa que me deixou entalado entre altas copas e monótonos fungares. Ben pensado, foi todo un símbolo do que me ocorre ultimamente. Como diría algún analista perspicaz, o que realmente me sucedeu é que "somaticei" o meu pesimismo. E así quedei, á espera de que cheguen por fin os tempos dos bardos.
2 Comments:
O que necesitas son unhas VACACIÓNS,
menos mal que axiña chega o nadal.
Asistín a dous dos catro, mágoa que non nos miraramos.
O primeiro, en Escudeiros o máis xenuino, encantoume; soltándose a falar co seu irmáo máis vello Anselmo; coa súa irmá Laura, cós veciños e cós asistentes ó acto. A emigración, a aldea, as anécdotas e a súa vida…
O segundo no Picouto unha semblanza moi ben artellada de Delfín Caseiro sobre o poemario e o poeta, una viaxe no tempo en imaxes do profesor Gayo.
Emotivos os dous.
Meréceo ben.
Publicar un comentario
<< Home