jueves, enero 22, 2009

Prioridades

Nestes días de euforia e entusiasmo, cómpre salientar a prudencia do meu primo Gabriel. Que eu saiba, é a única persoa da familia que estaba convidada a unha das dez festas ás que asistiu Obama despois da toma de posesión. Pero Gabriel non se deixou impresionar. Aproveitou a ocasión para coller uns días de vacacións e cambiou o frío de Washington polo de Silvaoscura, as multitudes pola tranquilidade, os flashes do Capitolio polo camiño nevado, o balbordo pola conversa familiar. Beizóns, Gabriel, agardámoste para o verán.

3 Comments:

Blogger folerpa said...

E est Gabriel, se se pode saber, que anda a facer tan lonxe de Silvaoscura?

10:54 a. m.  
Blogger Veloso said...

Pois é fillo de emigrantes. Os seus pais marcharon aos EEUU hai trinta e tantos anos e el xa naceu alá, co cal agora fala galego con acento de New Jersey.

1:56 p. m.  
Blogger paideleo said...

O teu curmán vai ter que meterme unha cuña alá nos States para volver nesta época de crise.

12:42 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home