Riveiro Loureiro
Coñecino n´O Grove, hai xa tres anos, na entrega do premio "Lueiro Rey". El era o gañador e eu quedara de finalista. Pareceume un home cordial, atento, posuidor dunha dignísima tristura (seica morrera a súa esposa uns meses antes) e dun admirable espírito combativo. Hoxe, a prensa informa do seu falecemento, acontecido onte n´A Coruña. Que a terra lle sexa leve.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home