martes, marzo 31, 2009

Soños de andel

O venres, día 3 de abril, ás 20 horas, terei o inmenso pracer de asistir á presentación de "Soños de andel", o primeiro libro que publica Susana Lamela, mestra e psicopedagoga, xa moi coñecida pola enorme valía profesional amosada durante a súa longa etapa en Edicións Tambre. "Soños de andel" non é só un fermosísimo conto para nenos, senón toda unha declaración de amor ao libro como obxecto indispensable na vida das persoas. O volume conta ademais coas magníficas ilustracións de María Lires, que completan a beleza do conxunto.
A presentación terá lugar na Librería La Vara (rúa Daniel Ojea, 6), en Ponteareas. Concluída a mesma, comezarán as miñas inmerecidas vacacións de Semana Santa, nas que agardo poder compartir café ou cervexa con algún compañeiro de blogomillo. Saúde para todos!

2 Comments:

Blogger folerpa said...

Toda a sorte para Susana, dálle unha forte aperta.

7:12 p. m.  
Blogger torredebabel said...

Noraboa para as autoras e boa semana de descanso para ti!!!

4:17 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home