lunes, marzo 23, 2009

Seca

Levo unha temporadiña en que non son capaz de ler nin de escribir. Non mo leva o corpo. Ademais, noto unha cousa estraña: teño o pé dereito frío e o esquerdo quente, así a meirande parte do tempo: de noite, cando durmo, e agora, mentres percorro o teclado e penso no felices que eramos todos cando aínda gozabamos da lectura dunha boa novela e as extremidades tiñan unha temperatura uniforme.

5 Comments:

Blogger Suso Lista said...

Espero que este sol,aínda que non quentemoito,che vaia axudando a saír do letargo. Ánimo.

10:14 p. m.  
Blogger porto do mendo said...

Por si che sirve de algo, Eric Clapton, pasou por unha crise semellante e botou un ano enteiro sen coller a viola. Cando voltou a tocala era o mesmo de sempre ou cicais mellor. No mesmo senso coido que Paco de Lucia fixo o mesmo perante nada menos que tres anos e idem de idem e a meirande abundamento, agasallounos aos galegos casando a su filla na Vila de Tuy. Son cousas moi habituais que vos pasan os intelectuais. Por certo, aproveito pra facerche o reproche de ter practicamente abandoada a outra sección deste blogomillo, así que poderias aproveitar pra pola ao día. Ten en conta que tes que a responsabilidade de deixar moi outo o liston onde o mundo se chama Silvaoscura. Os meus mellores folgos dende a resistencia.

6:23 p. m.  
Blogger folerpa said...

Ánimos, a min duroume seis meses, a seca, porque os pés sempre o teño quentes. Logo vira unha boa enxurrada , eu escribín unha novela dun tirón .

7:15 p. m.  
Blogger Marinha de Allegue said...

Todo pasa Veloso, e viran tempos e ganas de escribir e ler. Disfruta destes intres diferentes cheos de sensacións novedosas...

Unha aperta grande.
:)

2:59 p. m.  
Blogger A lareira de Santiso said...

Pola miña terra dise moito que "o que importa é a salú e ter os pés quentes". Terás que mimarte un pouquiño, eh!
Apertas mornas.

7:29 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home