viernes, mayo 08, 2009

Con Carlos

Fun no vitrasa, era unha mañá calorosa. Abriume a porta, como sempre, aquel home grande, elegante e agarimoso. Estivemos á conversa un bo anaco, falamos de Xulio Verne, de Roald Dahl, do marabilloso que era que, despois de tanto tempo, Mortadelo e Filemón aínda se tratasen de vostede. Ao cabo dun pouco, o meu interlocutor ergueuse, con movementos lentos, e trouxo unha bolsa de plástico, creo que de supermercado. Contiña un agasallo extraordinario: vinte e cinco exemplares de Os ollos do rei de copas, a miña primeira novela. Por esas raras brincadeiras que ten ás veces a mente, lembro que aquela mesma noite o Compostela conseguiu o ascenso a primeira división.
Xa pasaron quince anos. Aquel home grande, elegante e agarimoso chamábase Carlos Blanco Yáñez, o meu querido e inesquecible editor. Bendita sexa sempre a súa memoria.

Por certo, se alguén está interesado en posuír este libro ou mesmo lelo, que me escriba ao correo electrónico (xurxo.sierra.veloso@gmail.com), que xa eu llo envío (de balde, por suposto).

2 Comments:

Anonymous albixoi said...

Parabéns.

10:45 p. m.  
Blogger Unknown said...

Pois, eu si que estaba interesada! os outros, merqueinos. Pero este non o din atopado...
Por certo, deixeite algo nos meus Fios.

Apertas!

7:42 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home