lunes, junio 15, 2009

Precisión ou prexuízo?

Haberá uns catorce anos da miña última visita a Cambados, do que deduzo que xa é moito hora de voltar. Daquela, a causa da excursión era elegante e académica: unha profe do instituto puxera Os ollos do rei de copas de lectura obrigatoria aos seus alumnos e alá fun eu, usuario entusiasta do Castromil, disposto a aclarar as dúbidas dos rapaces ou, preferentemente, a escurecérllelas aínda máis. Ao remate do acto, achegouse a min unha amabilísima señora, que se identificou como docente de Historia no mesmo centro. A muller, que falaba un castelán anacrónico e agalegado, quixo presentarme a súa nai, coa que coincidimos na Praza de Fefiñáns. "Mira, mamá, este chico es un escritor gallego", dixo.

5 Comments:

Anonymous arume dos piñeiros said...

Non sería habitante do pazo de fefiñáns?

4:28 p. m.  
Blogger Veloso said...

Era, si, toda unha aristócrata. De feito, creo que a única coa que falei en toda a miña vida.

9:25 a. m.  
Blogger d. a. said...

Teño pouca memoria, pero polos datos que dás, podería ser unha das mestras que tiven cando fun alumno dese instituto, aínda que diso hai moito moito tempo (alá polos anos 1977-1980). Recordo que dende O Grove iamos nun autobús (daquela non tiñamos instituto), volviamos para comer na casa, de volta para Cambados. Vamos, que dabamos uns cantos paseos ...
E si, recordo que unha das mestras (creo que se chamaba Joaquina) vivía no pazo de Fefiñáns e que pola maneira de comportarse daba a sensación de que vivía noutra época.

11:48 a. m.  
Blogger Veloso said...

Joaquina, xusto, ese era o seu nome; teño entendido que, desgraciadamente, xa finou hai algún tempo. Polo que sei, era descendente do eminente médico Gil Casares. Un saúdo, Daniel.

12:00 p. m.  
Blogger d. a. said...

Si, acabo de falar cunha miña irmá que tamén estudou en Cambados e lémbrase ben dela. Boa muller, creo que un chisco inxenua para os tempos que corren. Supoño que, polo menos en parte, levaba canda ela a herdanza dunha época (a da aristocracia) que xa formaba parte do pasado.
¡Que tempos aqueles cando eu estaba a estudar en Cambados! Boas lembranzas. Un saúdo dende Madrid.

3:59 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home