Xeo
"Café con xeo", pedín no Café Van Gogh, ao que cheguei abafado e con retraso. "Café con xeo", repetín cun sorriso, procurando que a pronuncia fose clara, cando a rapaza me mirou con cellas erguidas. "No sé qué es eso", dixo, e xa estaba eu disposto a falarlle dos estados da materia e da solidificación da auga cando unha das miñas amigas, farta ou máis amable ca min ou se cadra menos reflexiva en cuestións sociolingüísticas, exclamou "con hielo", dando por rematado o asunto.
Foi, insisto, no Van Gogh, na miña cidade, na que me criei e medrei, a cidade na que, cada vez máis, vou precisando un tradutor simultáneo.
Foi, insisto, no Van Gogh, na miña cidade, na que me criei e medrei, a cidade na que, cada vez máis, vou precisando un tradutor simultáneo.
8 Comments:
Ahá! Velaí tes a miña teima que comparto na mesma cidade. A normalización ou amabilidade ou harmonía, ou como demo lle queiran chamar, acadarémola cando poidamos pedir tranquilamente un café con xeo, ou unha pizza con cogomelos...
Non sei como pretendes pedir algo en galego nesa rúa. Ahí ou falas castelán ou so che comprenden nos comercios tradicionais que aínda quedan.
Por certo, envío a nova a Chuza, pola relevancia
http://chuza.org/historia/xeo-o-galego-en-vigo/
Eu a semana pasada preguntei na gasolineira da praza ( non sei como se chama quenon son de Vigo) como se chegaba a autoestrada ... e a dependenta díxome que non sabía o que era ...
Pois eu (Joam) a semana pasada pedín robaliza nun local de hostalaria de Malpica e a rapaza preguntoume se o que quería era 'lubina' porque 'la otra terminología' non a entendía.
Que alguen en Malpica e que traballe na hostalaria non saiba o que é umha robaliza parece un crime, xa non pola lingua (que o é) senon pola falla de profesionalidade.
Hai pouco máis de dous meses eu tamén pedín unha coca-cola sen xeo nunha cafetaría de Vigo. A camareira contestoume que non tiñan. Eu, sorprendida, insistín e ela vai e dime: "Solo la tenemos normal y light"
Debe ser que vivimos en Valladolid!!
Terás que pedila como se pide por aquí:- Unha coca con dúas pedras de elo.
Hai que rir por non chorar.
M'ha fet gràcia llegir aquest post perquè a Catalunya ja m'ha passat moltes vegades aquesta situació quan demano un "cafè amb gel". Una vegada la cambrera ho va anotar i al cap d'una estona va aparèixer amb un "cafè amb llet". En fi, que veig que si fa o no fa estem igual aquí que a Galícia.
Boas noites!
漆彈 搬家公司 會場設計 展場設計 展覽設計 消防設備 消防設備 機電 崴立機電 牙齒美白 植牙 牙周病治療方法 植牙費用 牙周病 光纖美白除毛 肉毒桿菌除皺 紙盒印刷 紙袋包裝 當鋪 當舖 借錢 包裝紙盒 手提紙袋 紙袋工廠 包裝紙袋 紙盒訂裝 手提袋 包裝盒 股票教學 股市分析 股市億萬贏家 股票軟體 股票行情 ferrari 賣車 賓士 lexus紙袋印刷 會場設計 展場設計 二手車 中古車 Bmw 中古車買賣 汽車借款 貸款 票貼 二胎 融資 工商融資 支票貼現 借款 微晶瓷 3D飛梭雷射 淨膚雷射 汽車借款 汽車貸款 徵信 徵信社 外遇 彌月送禮 喜餅
Publicar un comentario
<< Home