jueves, junio 23, 2005

Información?

Esperto cada mañá con Iñaki Gabilondo. Pasamos xuntos os corenta primeiros minutos da xornada. Mentres eu me ducho e me afeito e almorzo e fago a cama, Iñaki resume a prensa e opina sobre os asuntos da política. Despois, a través de Internet, consulto os titulares de tres ou catro xornais e leo algún artigo que me chama a atención. Á noite procuro ver algún telediario, non sempre pola maxia dos ollos da presentadora.
Pois ben, aínda así, non me considero unha persoa informada. Ou, polo menos, non como eu querería selo. Creo que o exceso de datos impide a peneira e, por tanto, a reflexión. Ás veces penso que máis valería un xornal menos e un poema máis, pero ao final sempre caio na tentación do fuxidío, do pasaxeiro e vacuo, é dicir, perdo a categoría de suxeito pensante e convírtome nun obxecto manipulable (por todos, tampouco sexamos inocentes). Menos mal que nos queda a Retórica de Platón.
E, de todos os xeitos, moitas grazas, Iñaki.

6 Comments:

Blogger Patricia said...

No se quien dijo que la prensa era el cuarto poder del estado pero que razón tenía!!!!! y aún no somos conscientes de hasta que punto nos manipulan.
La televisión, la radio… llega a todas partes, a todo el mundo… nos dicen lo que tenemos que opinar, sentir, pensar, cual ha de ser nuestra bebida o canción favorita, que película debemos ir a ver, a que organización humanitaria apuntarnos. Que soñar, que imaginar, cómo debemos vestirnos, que debemos comer y cual ha de ser nuestro ideal de belleza… y todo lo que no sale en la tele NO EXISTE. Parece que en vez de ser cada vez más independientes y diferentes por la información, el intercambio cultural, la ventana abierta al mundo, somos más parecidos, iguales, clones de un patrón pensado por y desde la televisión.

10:21 a. m.  
Blogger Pantelas home libre said...

Pois non sei que che diga iso de que menos prensa, si estou de acordo en que máis poesía si, pero no tocante ao primeiro non. Canta máis prensa mellor. Pensa que se quedamos só co que nos di Iñaki só e unicamente só teriamos os ollos do Zapatero. É iso vida? Canto máis mellor e, sobre todo, canto máis tempo para lle poder dar unha ollada a tódolos xornais mellor que mellor. Tamén é certo que debo confesar que tódolos días escoito a COPE. Si, como o oídes. Tódolos días escoito a COPE. Tamén é certo que non máis de un minuto diario (o esforzo é abondo), deste xeito sempre me cercioro do partido ó que non debo botar. ¡Grazas COPE polo teu labor!

12:49 p. m.  
Blogger Pantelas home libre said...

Unha cousa: votar con v. Hoxe só durmín dúas horas e un non pensa ben.

1:22 p. m.  
Blogger Veloso said...

Levas razón, Pantelas. Eu tamén tento oír a Cope de cando en vez, pero o meu corazón é fráxil e non atura as embestidas do Jiménez Losantos. Un día, por puro experimento, escoitei a César Vidal e case acabo en Urxencias das taquicardias que me entraron. De todos modos, para infartos informativos os da TVG.

9:14 a. m.  
Blogger Pantelas home libre said...

Co da TVG non te preocupes que agora Fraga xa deixa de ser o home do tempo, dos deportes...

6:08 p. m.  
Blogger Pantelas home libre said...

Un rumor, creo que en Onda Cero andan a buscar un analista político e condón Manuel, quero dicir con don Manuel poden acertar.

10:25 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home