martes, junio 21, 2005

Un falador da tele considera "indecente" que se poña por riba da mesa o pasado franquista de Fraga. Segundo a opinión do falador, "facelo é un desprezo ao pobo galego". Non temos remedi0. Manipulamos o presente e escollemos no pasado aquilo que máis nos convén. A seguir, acusamos ao diferente de sectario, extremista e mentirán.

Moitos dos que se manifestaron o sábado en Madrid facíano na súa condición de cristiáns. Buscade no Evanxeo algunha palabra de Xesús contra os homosexuais. Si, atoparedes moitas en Paulo ou no Antigo Testamento, pero eu digo unha de Xesús, do crucificado, do modelo a imitar. Cando vos cansedes de buscar, lembrade o Segundo Mandamento e reflexionade un anaco.

Propoño que se celebren carreiras de Fórmula 1 nalgunha das nosas estradas máis perigosas. É posible que os pilotos se negasen a participar e alegasen riscos insalvables. Sería un xeito de chamar a atención. E non estou a falar de corredoiras comarcais. Refírome a autovías e autoestradas. Que San Michelín nos ampare.

2 Comments:

Blogger Pantelas home libre said...

Eu no tocante á relixión aplico a idea de que non existe ás mentiras que levamos oíndo dende 2005 anos é mellor non lle facer caso.

12:51 p. m.  
Blogger Pantelas home libre said...

Estiven profundando un chisco e ti verdadeiramente cres nas palabras de Cristo que aparecen no evanxeo? Eu, sinceramente, non creo en ningunha, a non ser nalgúns feitos coma cando botou fóra do templo aos mercaderes. Se existise algunha falabra súa esta estaría moito máis próxima á sublevación que toda esa sarte de mentiras.

10:36 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home